Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Quen somos?

Benvidos ó blog da Oficina de Medio Ambiente da UDC. 

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC) é un servizo dependente da Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas (VPEI). 
A súa función é a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC.
Os obxectivos e funcións da OMA teñen que ver con dous campos prioritarios, como son a xestión ambiental e a sensibilización e participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio ambiente. Así, as actuacións poden encadrarse nos seguintes eidos:
  1. Avaliación, información e divulgación ambiental nos campus da UDC.
  2. Participación e corresponsabilidade ambiental
  3. Proxectos sectoriais relacionados coa xestión e a sustentabilidade ambiental
Se estás interesado na nosa actividade sigue o noso blog para estar sempre enterado das nosas próximas actividades. Non deixes tampouco de seguirnos en Twitter e Facebook e de seguir os nosos blogs achegados.


Se queres saber máis podes ver a nosa páxina de About.

0 comentarios: