14/11/2016

XORNADAS DE SUSTENTBILIDADE

bolseirxs OMA-UDC

Lugar: Facultade de Dereito
Campus Elviña
Data: 1 de decembro do 2016
Horario: 11:00 a 18:00h


Coma cada Nadal, a Oficina de Medio Ambiente organiza as xornadas de Sustentabilidade, e xa van sete edicións dende que comezamos. Este ano o lugar escollido será a Facultade de Dereito o 1 de decembro.
Ano tras ano, propoñemos diferentes obradoiros, coloquios ou exposicións e damos a coñecer diferentes  entidades ecoloxistas e ambientalistas da comarca que presentarán o seu traballo a prol dunha sociedade mellor, máis concienciada co medio ambiente e co noso planeta. 

          Ao longo da xornada tamén:

  •          Somos  punto de recollida de roupa e xoguetes con Equus Zebra.  Unha ONGD con sede na Coruña que pretenden axudar á promoción integral de persoas e grupos empobrecidos e excluídos.  Tamén se recolle roupa vella esta é enviada a reciclaxe!!


  •         Mercadiño de Troco. Se tes roupa que está en bo estado e xa non usas ou quedou pequena podes traela e trocala por outra. Así dámoslle unha segunda vida a roupa!!


  •          Somos punto de recollida de aceite coas Mulleres Colleiteiras. Este proxecto  ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso


  •           Reutilizaremos papel para facer cadernos na mesa da OMA


     Obradoiros:
      Durante esta xornada aprenderemos a facer xabrón e cosméticos naturais, a recoñecer pegadas de mamíferos,  coñecer a problemática das especies invasoras,  aprenderemos a leer as etiquetas dos diferentes alimentos, tamén calcularemos canto azucre levan os alimentos e procuraremos o xeito de escapar á obsolescencia programada.

     Feira de asociacións
     Na entrada da facultade de Dereito poderemos coñecer a diversas entidades ecoloxistas e ambientalistas.


Estamos elaborando o programa das actividades e rematando de confirmar a asistencia das entidades. Proximamente publicaremos o horario pero xa podedes ir reservando a data para gozar desta xornada da Sustentabilidade.

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib