26/01/2016

NOTA DE PRENSA “Aves e vidros, unha visión local dun problema global”

bolseirxs OMA-UDC
Charla (16.00h), Obradoiro (17.00h) e Pegada de siluetas (18.00h)
03/02/16 Aula 4.4 da ETS Arquitectura – A Zapateira
Inscricións: oma3@udc.es

As aves son con frecuencia incapaces de recoñecer o cristal transparente. Tense estimado que cada ano morren máis de 100 millóns de aves por colisión contra cristais. Este é un número demasiado grande e deberíase facer todo o esforzo posible para evitar maiores perdas.
Nos Campus da UDC (Elviña e Zapateira), vense detectando mortalidade de aves en diferentes edificios con cristaleiras, sendo os principais puntos conflitivos o LERD , o CITIC, a planta baixa de Ciencias, o edificio de Departamentos de Filoloxía e o novo anexo de Arquitectura.

Por todo isto, a Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA, organiza unha nova actividade que consistirá na pegada de siluetas de aves rapaces nestas cristaleiras máis problemáticas do Campus. Esta sinalización ten como finalidade escorrentar ás posibles vítimas que normalmente son aves que escapan de outras depredadoras.

A cita será o próximo mércores 3 de Febreiro  na Aula 4.4 da Escola Técnica Superior de Arquitectura.
Comezaremos ás 16.00 h con unha charla a cargo dos ornitólogos Cosme Damián Romay Cousido e Gustavo Ferreiro: “Aves e vidros: unha visión local dun problema global “. A charla irá acompañada dunha posterior rolda de comentarios e preguntas, para pasar despois a un obradoiro de identificación e recorte de siluetas de aves ás 17.00h. Para rematar a xornada, sairase ás 18.00 a facer a pegada de siluetas nos centros antes descritos.
Colaboran: Grupo Naturalista Hábitat, Manuel Carregal, Roberto Bao e 'Cachi' Veiga.

Podes inscribirte de forma gratuíta enviando un correo co teu nome e DNI a oma3@udc.es



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib