A
limpeza de praias da Oficina de Medio Ambiente
6 de xuño de 2014. Bastiagueiro pequeno
O
pasado venres 6 de xuño, a Oficina de Medio Ambiente da UDC participou na III
edición da limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA; coincidindo coa
celebración do día dos océanos e como forma de divulgación e denuncia da
problemática que conleva o lixo mariño acumulado no noso litoral.
Para
esta actividade reunímonos 8 persoas de dentro e fora da universidade para
limpar a praia de Bastiagueiro Pequeno durante 3 horas. Dividimos a praia en
dous grupos de traballo, xuntamos o lixo nun punto común e finalmente separamos o que recollimos por sacos, dependendo do
material. Os resultados da limpeza de Bastiagueiro Pequeno deste ano foron os
seguintes:
Enchéronse
con lixo:
|
Contido
das bolsas:
|
Cantidade
aproximada (Kg)
|
· 12
sacos
|
· 2
sacos de caucho
· 1
saco de aparellos de pesca e redes
· 9
sacos de plásticos
|
· 20
Kg en caucho
·
15-20 Kg en aparellos de pesca
· 30
Kg en plásticos
|
· 1
saco de obra
|
·
Caucho, madeiras, materiais máis pesados
|
·
20-30 Kg
|
· 1
bolsa pequena
|
·
Vidro
|
· 1,5
Kg de vidro
|
O
traballo dos demáis grupos de recollida de lixo pode verse resumido na seguinte
ligazón: http://adega.info/web/novas.php?id=188&idioma=gl&sec=9
Unha
vez máis grazas as voluntarias e voluntarios que participades nestas
actividades!!
Máis fotos en:
Podes atoparnos en:
Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
Twitter: @OMA_UDC
0 comentarios:
Publicar un comentario