07/05/2014

II Encontro solar na UDC

bolseirxs OMA-UDC

 O próximo mércores 14 de maio, a partir das 11:00h e ata as 17:00 h  no aparcamento da Facultade de Socioloxía (campus de Elviña), terá lugar o II Encontro Solar na UDC, organizado pola OMA e ADEGA,  e para o que contaremos coa colaboración do C.I.F.P. Someso (http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/es).





O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese é dicir, é a orixe de gran parte das fontes de enerxía: hidráulica, eólica, biomasa, carbón... Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.

O Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.


PROGRAMA:


Durante toda a xornada de 11h-17h haberá unha exposición de aparellos solares; como cociñas, fornos solares, e outros. Tamén contaremos con Gastronomía solar, degustación de pratos elaborados con enerxía solar, sorprenderavos!

12:00 Charla  Som Energía  COOPERATIVA produtora-comercializadora
Electricidade certificada 100% Renovable

Estructura da charla:
- Breve historia do mercado eléctrico, para encadrarnos na situación actual e o seu funcionamento.
- Presentación da cooperativa e explicación-comparación das facturas.
- Consellos de aforro enerxético.
- Rolda aberta de intervencións.

Relator:
Javier Pombo Sánchez. Socio de Som Energía e colaborador do grupo local Som Enerxía Galiza.

Lugar:  por concretar aula da Fac. de Socioloxía.



13:00 Visita guiada por Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC) a unha instalación fotovoltaica (para a que será necesario reservar praza no correo oma3dc.es). O punto de encontro será a mesa da OMA (no propio Encontro Solar, aparcamento da Fac. de Socioloxía).



Esperámosvos!! 




Podes atoparnos en:

Twitter: @OMA_UDC 


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib