02/12/2012

III FEIRA DA SUSTENTABILIDADE. FEIRA DE NADAL

bolseirxs OMA-UDC
O 12 de decembro celébrase a III Feira da Sustentábilidade na UDC. Aproveitaremos a chegada do Nadal para achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente.  Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
 

                                          

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais.

Un membro do  Proxecto Fiare nos explicará en que consiste o  proxecto da banca ética nunha charla-debate.
E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco
Esta feira terá lugar na facultade de económicas da universidade de A Coruña no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h


Programa da Feira:
11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal
11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca  ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Salón de Graos (2º planta)
12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar
Ademais, en horario continuado.
Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
Mercadiño de Troco. 1º Andar
 
¡Animádevos e visitade a Feira de Nadal!

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib