22/03/2012

Re_utilizando: novo diseño e expansión

bolseirxs OMA-UDC
Re_utilizando, a iniciativa da OMA enfocada á reutilización do papel, e polo tanto, ó seu mellor aproveitamento, deu comezo en Xaneiro na E.T.S.A. da UDC, coa idea de extendela despois ó resto dos centros da devandita Universidade. O comezo na E.T.S.A. non foi casual, senón que nos pareceu oportuno iniciala alí debido a grande cantidade de papel que moven.

O obxectivo desta iniciativa xa se podía intuir a partires do seu eslogan “2 caras, 2usos”: se unha folla de papel ten dúas caras, utilicemos ambas.

A campaña consistía na colocación de 4 caixas de cartón identificadas co lotipo e máis co eslogan, que adxuntamos en puntos estratéxicos como son a aula net, a biblioteca, a planta de acceso (para a presentación e publicidade da campaña) e a planta -2 a carón da cafetería e do espazo de traballo que hai ó lado.

Non se trata de reciclar, que non está tanto nas nosas mans , a acción de reciclar físicamente , senón dun pequeno xesto que supón unha gran axuda ó medio ambiente. re_utilizando.

Pois ben, tendo en conta o seu bo funcionamento na E.T.S.A. rediseñáronse as caixas e, despois de Semana Santa, poderedes facer uso delas nos demáis centros dos Campus de Elviña e a Zapateira, concretamente nas bibliotecas e aulas net dos centros.

Novo deseño Re_utilizando

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib