O xoves 16 de febreiro levouse a cabo a inspección do río Lagar que pasa pola UDC. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Ríos para levar a cabo unha avaliación voluntaria a nivel nacional e constante do estado dos ríos, neste caso , o río Lagar.
A actividade foi organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) xunto con ADEGA. Paco Bañobre encargouse de levar a inspección no río.
Nela puídose traballar cos aspectos biolóxicos ,fisico-químicos e morfolóxicos do río como indicadores da calidade do mesmo.
Detalle da Inspección do Río Lagar |
Os asistentes, estudantes da Universidade da Coruña, mostraron grande insterese na participación no proxecto pola súa conta establecendo emails de contacto para poder levar a cabo as súas inspeccións independentes do establecido e divulgado na UDC.
Destaca a grande aprendizaxe por parte dos asistentes a través desta inspección e da charla previa , dando así como resultado o obxectivo esperado nestas xornadas, educación e divulgación medio ambiental, e inspección do río Lagar.
0 comentarios:
Publicar un comentario