Oficina de Medio Ambiente

Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

CRÓNICA V ENCONTRO SOLAR NA UDC

Coma cada primavera, e chegado o bo tempo, o pasado 27 de abril celebramos o V encontro solar na UDC. Nesta xornada, promovida pola Oficina de Medio Ambiente e organizada pola Asociacion Ecoloxista ADEGA e o CIFP Someso, aprendemos e experimentamos distintas aplicacións para aproveitar a enerxía solar, limpa e inesgotable.

Durante toda a xornada, a pesares dalgunha nube que cruzou o ceo, o Sol foi o protagonista. Arredor das 10 da mañá foron chegando os primeiros fornos solares, de todo tipo: feitos con caixas de cartón, outros de madeira, de tipo parabólico,... para todos os gustos!

Ainda que destacaron os fornos solares, pola gran cantidade e variedade, durante toda a xornada puidemos ver deversidade de aparellos que funcionaban coa enerxía do Sol. Quentamos a auga coa enerxía solar e ata tivemos un DJ amenizando a xornada, e funcionando en todo momento a mesa coa enerxía que obtivemos cunha placas solares.

A media mañá, tivemos a visita á cuberta do CITIC. J.M. Giz, Técnico Superior de mantemento da UDC, foi quen nos explicou o funcionamento das placas solares do edificio e as as súas vantaxes.


Un pouco máis tarde, foron saíndo os primeiros pinchos-solares que serviron como aperitivo do que sería unha gran comida feita nos fornos solares. Uns ovos cocidos, uns champiñóns recheos e ata tivemos comida xaponesa.

Ás tres da tarde, cando a comida estaba lista, reunimos todos os pratos elaborados. Nesta ligazón podedes atopar todas as fotos da xornada.


Callos, polbo á feira, cuscús,  lentellas, peixe, ovos, champiñóns recheos, verduras variadas … e sobremesas como biscoito, mazás asadas e palmeiriñas con chocolate. Tamén se fixo pan, e infusións durante toda a mañá.



















Pouco a pouco, a comida foise acabando e tras tomar a sobremesa, tivemos que recoller todas as carpas e mesas, así como lavar os pratos e cubertos que trouxemos da casa, evitando así o uso de plásticos e cousas de usar e tirar.  O importante e que quedou demostrado que é posible cociñar nun forno solar! Ata o ano que ven!

Queremos agradecer a participación de todas as persoas e dos centros educativos que participaron na xornada, como foron o IES Universidade Laboral de Culleredo, IES Manuel Lugrís e a Escola de Imaxe e Son do CIFP SOMESO. 

Un recordo especial para Juan Bello, profesor no CIFP SOMESO, sen o que isto non tería sido posible. 

CRÓNICA INSPECCIÓN RIO LAGAR PRIMAVERA 2017

O día 19 de abril, dentro do proxecto Ríos e coa colaboración de ADEGA, a Oficina de Medio Ambiente organizou a inspección do Río Lagar, coma todos os anos, durante a primavera.

Na actividade, recolléronse mostras tanto de fauna como flora existente no cauce e ribeira do río, para realizaer unha análise obxetiva do estado do río Lagar ao seu paso polo Campus de Elviña.

Ademáis, con mostras de auga, analizouse o contido de O2 disolto, o pH, etc. para un maior rigor das análise.






Nesta ligazón podedes atopar todas as fotos da xornada. fotos

PROXECTO RIOS PRIMAVERA

Inspección Río Lagar
Entrada Fac. Economía
mércores 19 de abril, 15h30
_________________________________________________________________________________________

Ao chegar a primavera, os ríos énchense de vida. É un dos mellores momentos para saber en que estado se atopan, que fauna e flora habita neles,...

Por este motivo, a Oficina de Medio Ambiente, coa colaboración de ADEGA, vai realizar a inspección do Río Lagar que pasa polo Campus de Elviña para poder identificar a calidade das súas augas. 

Esta actividade está dentro do Proxecto Ríos, que ano tras ano, aumenta a súa actividade en toda Galicia http://www.proxectorios.org/ 

Tendes aquí unha mostra da inspección de outono fotos

Se queres participar, completa este  formulario ou anótate no correo oma3@udc.es enviando os teus datos e actividade na que queres participar. 



EDUCACIÓN AMBIENTAL


Obradoiro Educación ambiental
Fac Ciencias da Saúde
Martes, 25 de abril, 16h00
Inscríbete aquí
___________________________________________________________________________________________

O martes 25 de abril ás 16:00h na Facultade de Ciencias da Saúde (Terapia Ocupacional) vai ter lugar unha actividade de Educación ambiental dirixido ao alumnado da UDC e en xeral a toda persoa que lle poida interesar.

Trátase dun obradoiro de aprendizaxe por medio de dinámicas participativas que busca aumentar o coñecemento sobre a crise ambiental, identificar as claves de actuación en prol da sustentabilidade e afondar no deseño de intervencións educativas.

O obradoiro terá lugar na Aula Polivalente do Edificio de Terapia Ocupacional. Incricións neste formulario ou enviando un correo cos teus datos a oma3@udc.es 


CRÓNICA XORNADA BIOCONSTRUCIÓN

O día 28 de marzo, a OMA organizou con ESPIGA e o CIFP SOMESO, unha xornada sobre a bioconstrución.

Visitamos o BANCOB situado en Elviña, onde membros de ESPIGA nos contaron cales foron as técnicas empregadas e os detalles do proceso construtivo.

Seguidamente, visitamos o Módulo bioclimático de SOMESO, onde Juan Bello nos explicou as súas características e moitos dos datos que están a obter. Todo un éxito.

Quedan aquí os enlaces aos albumes de fotografías. fotos

CRÓNICA CONSTRUCIÓN FORNOS SOLARES

O pasado día 28 de marzo, tivo lugar un taller de construción de fornos solares no LERD. Foi unha actividade magnífica guiada polo profesor Juan Bello, do CIFP SOMESO en colaboración coa OMA.

No taller deuse unha explicación do uso da enerxía solar apalicada á cociña. Despois de ver o potencial, pasamos á parte máis práctica, o taller.

Nel construimos unha serie de fornos solares, que serán utilizados no V ENCONTRO SOLAR que se celebrará o próximo xoves 27 de abril, se a meteoroloxía o permite.

Quedan algunhas fotos do taller na seguinte ligazón fotos

V ENCONTRO SOLAR NA UDC

V ENCONTRO FORNOS SOLARES
Aparcamento Xoana Capdevielle, Elviña.
Xoves, 27 de abril de 2017
Inscripción necesaria neste formulario
Actividade en función da meteoroloxía 
__________________________________________________________________________________________

"CUBERTAS TODAS AS PRAZAS PARA A VISITA DA CUBERTA DO CITIC" 
As inscricións que se fagan a partir das 23h00 do día 25/04/2017 non serán tidas en conta, a non ser que o mesmo día non asistan persoas inscritas, e ocuparanse prazas por orde de inscrición. 

O próximo 27 de abril terá lugar o V Encontro Solar da UDC, no aparcamento do edificio Xoana Capdevielle, promovido pola Oficina de Medio Ambiente e organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA e o CIFP Someso, xuntarémonos para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Paralelamente teremos unha exposición de diferentes aparellos solares e visitas a instalacións de enerxía renovable na UDC.

O ano pasado reuníronse máis 70 cociñas solares e fixemos 50 receitas diferentes. Este ano conseguiremos máis? A actividade estivo amenizada cun DJ Solar!!  

Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos e en tres horas podedes ter o forno listo. Tes aquí as ligazóns para aprender a facer un! 






Nós xa fixemos os nosos o pasado 28 de marzo, así que anímate a facer o teu! Tes as fotos 
aquí

O V Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

Se tes calquera aparello que funcione coa enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete que realizaremos entre todos! 

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta á casa.

Equipos de protección individual (EPI): Teña en conta a famosa protección 3G cando practicamos cociña solar: gafas, gorra e "Grema solar"

programa completo da xornada será o seguinte:
10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de                mantementos da UDC. Punto de encontro: mesa da OMA* situada no Encontro Solar.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar*.
16:30h  Recollemos

Durante toda a xornada:
-       Exposición de aparellos solares, achegados polo CIFP Someso e ADEGA, e polas demais persoas e entidades participantes*.
-          Exposición itinerante "A Enerxía Solar", de ADEGA.
-          Mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.

* Para participar na montaxe e exposición dos fornos, no xantar, e na visita, é necesario anotarse a través deste formulario

Para a celebración do Encontro Solar necesitaremos que o SOL estea con nós, polo que, en función da previsión meteorolóxica, poderá ter que adiarse a xornada. Nese caso, anunciarase no Blog e Facebook da OMA o luns ou martes anterior. Estade pendentes...!

Data e hora: 27 de abril de 2017, de 10:00 a 16:30.
Lugar: aparcamento do edificio Xoana Capdevielle da UDC.
Inscricións: Neste formulario

Toda a información oficial sobre posibles adiamentos dos evento, faranse por este blog da OMA, e as súas redes sociais, Facebook e Twitter. 
Podes atopar máis información no apartado de Bioconstrución da páxina web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/93

Instrucións para a construción dun forno solar:


Álbum fotográfico do III Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón:


Timelapse aquí

Enlaces reportaxes da TV











Campus de Oza
martes, 28 de marzo
Prazas limitadas
____________________________________________________________________________________________



Desde o Green Campus Facultade Ciencias da Saúde e o Green Campus Facultade de Fisioterapia, en colaboración con ADEGA e a Oficina de Medio Ambiente UDC, vaise levar a cabo a plantación de distintas herbas aromáticas (menta, melisa, citronela...) así como outras tarefas para o mantemento da área de compostaxe. 

A actividade terá lugar o vindeiro martes 28 de marzo ás 16:00h, na zona dos composteiros (detrás da cafetaría de Oza). Convidamos a tod@s que estean interesad@s a colaborar como voluntari@s, previa inscrición no correo electrónico oma3@udc.es 


CHARLA SOBRE A FACTURA DA LUZ





Mercado eléctrico e factura da luz

Facultade Educación
martes, 4 de abril ás 12h
Gratuita, prazas limitadas
____________________________________________________________________________________




Nos últimos meses abrimos os xornais, as redes sociais e acendemos os televisores e case sempre unha das noticias é relativa á factura da luz. Uns din que se hai moitos impostos, outros que se non chove ou fai pouco vento, outros que hai que pagar débedas… Quen ten a razón? 

Para sacarte de dúbidas, a Oficina de Medio Ambiente, organiza unha charla informativa sobre a factura da luz e todo o que rodea ao mercado eléctrico no noso país. 

Teremos o pracer de contar con Xosé Manuel Golpe Acuña, Técnico especialista en Enerxías Renovables e Consultor enerxético en FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña) que nos dará unha ampla visión sobre o tema. 

Falaremos de distintos puntos que rodean á factura eléctrica: 

  • Descrición dos compoñentes da factura eléctrica doméstica
  • Funcionamento do mercado
  • Peaxes de acceso
  • Sistema de casación diaria "POOL" 
  • A factura en detalle
  • Aforros potenciais
  • Alternativas


Ao rematar a exposición do poñente, abrirase unha quenda para que cada un exprese a súa opinión e así compartir distintos puntos de vista. 

Para poder organizar o lugar da charla, inscribidevos nesta ligazón ou enviade un correo a oma3@udc.es indicando nome e DNI, para poder contabilizar dun xeito aproximado o número de asistentes. 


XORNADA BIOCONSTRUCIÓN

Xornada de bioconstrución
Campus de Elviña
martes, 28 de marzo ás 17h30
Gratuíta, prazas limitadas
___________________________________________________________________________________________


A construción sustentable é un dos piares básicos contra o cambio climático. Tras o éxito que tivo na convocatoria anterior, a Oficina de Medio Ambiente, volta organizar unha xornada sobre a bioconstrución.

Esta xornada será o próximo día 28 de marzo. Quedaremos no Campus de Elviña, no espazo que hai entre a Casa do Lagar e a Facultade de Informática ás 17h30. Comezaremos a visita no BANCOB que recibe este nome por ser feito coa técnica COB, que utiliza arxilas, areas, palla e barros.

Alí Marta Salgado, Aparelladora e Víctor González, Arquitecto, membros de ESPIGA (Asociación galega para a Bioconstrución) explicarannos os detalles e principais características da técnica e como se levou a cabo. No proxecto tamén participou Enxeñería Sen Fronteiras.

Dende alí, dirixirémonos ata o CIFP SOMESO para visitar o módulo de bioconstrución, A Vieira, onde recibiremos ampla información por parte do profesor Juan Bello. A Vieira está diseñada mediante criterios bioclimáticos que teñen en conta a orixe dos materiais, sendo en esencia de orixe natural, como palla para o illamento ou barro para os enfoscados e madeira para a estrutura, e criterios enerxéticos como a orientación das aperturas ao exterior para o aproveitamento de enerxía solar. 

Para poder organizar ben a actividade, incribídevos nesta ligazón ou en oma3@udc.es